Marcos Rodríguez, a por máis Premios Quijote

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

Rodríguez, nunha das presentacións da súa obra Finis Terrae (editorial Canela)
Rodríguez, nunha das presentacións da súa obra Finis Terrae (editorial Canela) ANA GARCIA

O carballés, afincado en Cee, concorre a unha nova edición destes galardóns con catro fotografías 

03 oct 2026 . Actualizado a las 20:15 h.

Carballés e veciño de Cee, o fotógrafo Marcos Rodríguez, xa con múltiples recoñecementos no seu peto, aspira novamente aos Premios Quijote, neste caso con catro nominacións, tres imaxes individuais —Paisaxe e Natureza, Libre Creación e Retrato— e unha serie documental de catro arredor dunha noite de incendios. Convoca estes galardóns a Asociación de Fotógrafos Profesionais de Castilla La Mancha e Madrid (Afocam). A gala será o vindeiro 8 de outubro, en Cuenca, e nela exporanse as imaxes preseleccionadas. Rodríguez obtivo dous Quijote no 2025.