A obra de Manuel Canosa, «un diálogo entre a materia e a cor», xa se pode ver en Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

O artista, coa súa muller, Concha Blanco, e coas súas netas Mariña e Ana
O artista, coa súa muller, Concha Blanco, e coas súas netas Mariña e Ana CONCELLO DE CEE

Inaugurada a exposición escultórica «Alas de madeira»

05 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende o venres xa se pode visitar na Casa da Cultura de Cee a exposición Alas de madeira, do autor local Manuel Canosa Santamaría. Dado que a alcaldesa se encontraba presidindo unha sesión plenaria, foi o técnico de xestión cultural, Víctor Castiñeira, o encargado de presentar unhas esculturas que foron elaboradas principalmente en buxo e castiñeiro e que son, remarcou, «un diálogo paciente entre a materia e a cor». Canosa, pola súa banda, fixo un percorrido pola súa infancia e polo seu gusto polo traballo coa madeira, mentres que as súas netas, Mariña e Ana, interpretaron unhas pezas musicais.