Foron estas dúas últimas semanas diversas en expedicións para saber máis do filántropo ceense
04 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O 2026, xa se tiña avanzado, será un moi bo ano de visitas guiadas no Museo Fernando Blanco de Cee. Responde ás datas reservadas polo grupo Fianteira Turismo a través da súa axencia de viaxes Interrías, con expedición á Costa da Morte dunhas 1.500 persoas, pero tamén á elección doutro tipo de grupos que solicitan saber do filántropo ceense. Peregrinos, asociacións, colexios...
Para mostra desa diversidade, as dúas últimas semanas. Achegáronse ao museo dous grupos da comunidade de Madrid, a agrupación cultural Silvardeiras de Allariz ou un grupo composto por persoas que están a recibir clases de español a través de Cruz Vermella, procedentes de puntos tan diversos como Italia, Hungría, Senegal, Ucraína ou Marrocos. En total, 107 visitantes sorprendidos polo pouso educativo da vila e polo labor de Fernando Blanco, con quen apreciaron que o agradecemento debería ser (e éo) eterno.
Estas visitas guiadas é preciso concertalas no teléfono 981 747 221 ou no correo fundacioncee@hotmail.com.