O encontro tivo lugar este xoves pola mañá na galería Stoupa, en Cee
30 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A galería Stoupa, en Cee, acolleu na mañá deste xoves unha Xornada de Artesanía da Costa da Morte, á que lle deron saída María Lema, vicepresidenta da CMAT; Pepe Formoso, presidente de APTCM, e un grupo de empresarios da comarca que quixeron participar na exhición: Hotel Meiga do Mar, Bela Fisterra, Bela Muxía, Hotel Boutique Mar do Ézaro, Nemiñarea e Arrueiro. A xornada formou parte das accións de divulgación da artesanía comarcal por parte da CMAT, coa idea de poñer en valor o traballo de artesáns locais e de crear sinerxías entre o tecido empresarial do sector turístico e eses creadores.
Fíxose a través de dous obradoiros, un de demostración ao torno con Xosé Gorín, oleiro de Buño, e outro de artesanía da restauración. Serviu este último para dar a coñecer artesáns que traballan con vaixelas, pezas e outros elementos para o mundo da restauración e hostalaría.