O Manuela Rial Mouzo comeza o Ecopreguntoiro como o rematou, gañando

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

,

Os alumnos ceenses venceron ao CEIP A Lama, de Pontevedra

04 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O campión segue no camiño para revalidar o título. Os alumnos do CPR Manuela Rial Mouzo, de Cee, clasificáronse para a segunda ronda do Ecopreguntoiro de Ecovoz este pasado venres. Son o cuarto equipo que logra o acceso, tras telo feito xa CEIP A Ponte, de Ourense; o CPR Sagrado Corazón de Placeres, de Pontevedra e o CPR Plurilingüe La Merced, de Sarria.

,

O Manuela Rial, iso si, tivo un duro rival no CEIP A Lama, de Pontevedra. Gañou por un axustado 5-8 grazas aos coñecementos e as boas respostas de Antía Vilela Fernández, que fixo de voceira dun grupo formado por Alexia Conde Cambeiro, Aroa Conde Cambeiro, Pablo Mosteirín Osa e Rubén García Risco, con José María Canosa Andrade como coordinador. Aproveitáronse dun rebote á pregunta «De que está formado o tecido sanguíneo?», a cal responderon perfectamente. De feito, non erraron ningunha cuestión.

Este venres enfrontaranse o CEIP Padre Crespo-Xunqueira de Ambía, de Ourense, e o Colexio María Assumpta, de Noia.