A escritora ceense ten nova obra nas librarías, unha segunda parte do seu «Muriel». con ilustracións de Lucía Cobo
19 sep 2023 . Actualizado a las 18:57 h.«Muriel. Caos no laboratorio lácteo» • Xerais (Colección Merlín) • Ilustracións de Lucía Cobo • Recenden a libro novo e a aventuras as páxinas de Muriel. Caos no laboratorio, a máis recente obra publicada da escritora ceense María Canosa. Está a chegar ás librarías neste mes de setembro, un argumento de aventuras sostido tamén nas ilustracións da lucense Lucía Cobo. Muriel. Caos no laboratorio é unha segunda entrega de Muriel, Premio Merlín 2017, novas andainas dun protagonista xa medrado, pero que segue de par do seu compañeiro Blim, personaxes ambos dous que, como tamén escribiu Canosa en redes, habitan o seu corazón de xeito especial. É a colección Merlín de Xerais a que trae esta nova remesa de letras e imaxinación para público infantil, subindo aínda máis a extensa listaxe de obras publicadas pola ceense, con medio cento superado este mesmo ano.
E de que vai a nova obra? Muriel e o raposo Blim viven en calma no seu castelo. Botan en falta as aventuras doutro tempo, mais todo mudo logo dun estrondo no laboratorio. De novo, maxia, ilusión e unha misión «fermosa e entrañable» con moito de misterio. Será unha boa viaxe subidos a un carro de leiteiro que leva, por certo, dedicatoria á pequena Mariña.