Xa na rúa «Travesía unicornio», nova obra de María Canosa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

Publica Embora este texto merecedor do Premio Anisia Miranda de Teatro para a infancia

03 mar 2023 . Actualizado a las 09:15 h.

Anda xa polas librarías unha nova obra da escritora ceense María Canosa. Travesía unicornio, de Edicións Embora, é a peza teatral que mereceu o Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia convocado pola Fundación Neira Vilas. Un traballo de calidade literaria, unha exaltación do valor da amizade e do respecto ás diferenzas. Xénero, identidade, diversidade... É a primeira obra na rúa deste ano para Canosa, que lle desexou a este «novo pequeno» unha feliz travesía. Un libro para os unicornios valentes e para os amantes do teatro. Un libro, tamén, dedicado á pequena Mariña, «para que ela elixa ser unicornio, balea ou o que queira».

María Canosa
María Canosa Ana García