
Os premios do certame Contos de Nadal abrirán mañá dous días de moita actividade
16 dic 2022 . Actualizado a las 13:57 h.A entrega de premios dos Contos de Nadal e a actuación de narración oral de Fran Campos (Filipa cos contos) marcarán mañá en Cee o inicio dunha intensa fin de semana cultural. Xa están inmersos na vila da Xunqueira no programa de Nadal, e isto é o que espera para as vindeiras horas na localidade:
La Habitación DE LA MÚSICA
Mañá • 20.00 horas • Casa da Cultura • Tamén mañá pola tarde, sábado, será tempo de música. O grupo coruñés La Habitación de la Música presentará ás oito o disco «Cotton Time», no que, segundo avanzou o Concello, se poden escoitar temas de jazz vogal clásico que marcaron a banda sonora do século XX, mais tamén música propia deste tempo de Nadal. Todo, cunha fermosa voz, a de Charo Quicler.
Toy Story, El Musical
Domingo • 17.00 e 19.00 horas (dobre función) • Auditorio da Casa da Cultura • O formato musical está a gañar terreo en Cee. Neste do domingo, un tributo a Toy Story, ofrecerase un espectáculo interactivo cheo de cancións do universo Disney, así como dos «Cantajuegos» e dos «Payasos de la tele», unha oportunidade de desfrute, pois, para nenos, pero tamén para adultos. Aínda hai entradas á venda (só para o pase das 19.00 horas) tanto en woutick.es, como na biblioteca.