Foi merecedora deste galardón na categoría de persoas. O xurado valorou a súa longa traxectoria de compromiso coa lingua
31 may 2022 . Actualizado a las 19:56 h.A escritora ceense María Canosa volve estar de noraboa. Ela, na categoría de persoas, foi a merecedora dun dos Premios Rosalía de Castro de Lingua que convoca a Deputación da Coruña, e que xa van pola súa 13.ª edición. O certame quere recoñecer cada ano o labor na promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico de Galicia.
Á hora de outorgarlle este premio a Canosa, o xurado valorou «o seu compromiso firme coa lingua e longa traxectoria, que se reflicte nos premios recibidos e no recoñecemento e impacto social en múltiples ámbitos». Nestes Rosalía de Castro, a AELG fíxose co premio na categoría de entidades e o proxecto Brazolinda, na de iniciativas de dinamización para menores de idade.
Non está sendo un mal ano para María: galardón Anisia Miranda de Teatro, premio Follas Novas na categoría de divulgación por H2...OH!!! Pingas científicas, a recente publicación de María Casares. A impaciencia por vivir... Representou á literatura galega na Feira do Libro de Bos Aires... Un 2022 de recolleita logo do traballo.