Fallados os certames da biblioteca ceense Francisco Mayán

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

ANA GARCIA

A entrega de galardóns será este luns 16, ás 18.00 horas, no auditorio Baldomero Cores

15 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O 31.º Concurso Literario de Achegamento ao Libro e o 18.º certame En busca do noso marcapáxinas, ambos convocados pola biblioteca municipal Francisco Mayán de Cee, xa teñen gañadores.  Segundo da conta José Ramon Rey, este 2022 chegaron un total de 189 traballos, o que agranda a cifra total, dende a primeira convocatoria, ata os 7.838.

Asier Triñanes, Adrián Soto e Ían Canosa, alumnos do Manuela Rial, mereceron os premios nas distintas categorías do certame literario. Houbo tamén accésits. O galardón no apartado do marcapáxinas recaeu en Antón Sambade, tamén do Manuela Rial. A entrega de premios será mañá, luns, ás 18.00, no auditorio Baldomero Cores. Trémola Teatro ofrecerá un espectáculo en torno a Florencio Delgado, autor homenaxeado este ano polas Letras.