Literatura, música e maxia conviven no Nadal de Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

Estes están sendo dias intensos na vila da Xunqueira: o programa segue hoxe con Enmagiarte

27 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta recta final de decembro estase a vivir en Cee con diversas actividades culturais, como o roteiro literario pola vila guiado pola escritora Concha Blanco e levado a cabo na mañá de onte. Trátase dunha iniciativa organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), co patrocinio da Deputación e a colaboración do Concello. Espazo físico e memoria literaria foron tecendo relación. O aforo tivo que ser limitado, a causa do covid-19. Neste sábado 26 de decembro tampouco faltou a música na vila da Xunqueira, en tanto que integrantes da Banda Municipal interpretaron distintas pezas propias deste tempo en prazas e rúas.

VICTOR HUGO CONDE

Polo demais, o programa de Nadal continuará hoxe mesmo, cunha sesión de maxia no auditorio Baldomero Cores (18.00 horas): trátase de Enmagiarte, de Abarajar Producciones, da man de Dani Polo. Está considerado un dos espectáculos revelación no mundo da maxia: entradas a 3 e 5 euros.

Roteiro tamén en Muxía

Ao mesmo tempo que en Cee se desenvolveu onte o roteiro literario guiado por Concha, en Muxía facíase o mesmo, asemade da man da AELG, con Xan Fernández.