Últimos días para inscribirse no taller literario de María Canosa en Cee

La Voz

CEE

ANGEL MANSO

Comezará este vindeiro sábado, pero os interesados teñen para anotarse ata o día 3

02 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ten organizado, en Cee, un obradoiro de creación literaria a cargo de María Canosa: leva por lema Ás de papel. Cunha sesión maxistral da man de Concha Blanco, botará a andar o vindeiro sábado, 5 de setembro. Os interesados en inscribirse aínda están a tempo, dado que o prazo remata mañá: oficina@aelg.com. Anotarse é de balde.