Obradoiro de creación literaria, en Cee, a cargo de María Canosa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

ANGEL MANSO

Leva por título Ás de papel e levarse a cabo entre o 5 de setembro e o 7 de novembro

21 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), coa colaboración do Concello de Cee e o patrocinio da Deputación da Coruña, promove na vila da Xunqueira un obradoiro de creación literaria. Leva por título Ás de papel e será impartido pola escritora María Canosa, cunha sesión maxistral a cargo de Concha Blanco. A iniciativa levarase a cabo entre o 5 de setembro e o 7 de novembro, con seis sesións de tres horas cada unha delas, de 10.00 a 13.00, os sábados 5, 12 e 26 de setembro, así como 3, 17 e 24 de outubro, sumándolle unha sesión final de dúas horas, de 11.00 a 13.00, o 7 de novembro. Os interesados en inscribirse (20 prazas, gratuítas, para maiores de 18 anos, que serán adxudicadas por orde de solicitude) poden facerlo ata o día 3 de setembro, a través do correo oficina@aelg.org.