-Si, establecemos hai uns anos unha dinámica de relación, cunha xuntanza anual que, de feito, tocaba no mes de xuño, pero que non puido facerse. Recuperarémola antes de finais deste 2020. Se non recordo mal, íase facer en Ourense, na casa de Otero Pedrayo, no Pazo de Trasalba. Este ano, ademais, esa reunión servirá entre outras cousas para reivindicar e celebrar o centenario da Xeración de Nós. Esa dinámica de colaboración mantémola e esas reunións de casas museo e fundacións de artista faranse.
-O covid-19 tivo fondo impacto na cultura, nas Letras, na organización de actos e reunións...
-Certo, si, trastocou e mudou todo, pero hai que adaptarse e amoldarse ás novas circunstancias. Tamén aos ritmos. Non queda outro remedio que asumir a situación e buscar solucións, que é o que intentamos facer entre todos. O importante agora é superar esta crise sanitaria e despois, pouco a pouco, irase reprogramando e movendo as cousas para ilas sacando adiante.