Stoupa une a innovación de Ar de Arte co talento de varios artistas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

Este sábado 20 de xullo, ás 20.30 horas, a galería ceense acollerá un encontro experimental

19 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A galería Stoupa de Cee segue explorando nos camiños. Espacio artístico, lugar de presentacións... é tamén un punto de encontro onde oficios diferentes atopan puntos en común para nutrírense. Así é o froito dunha historia que se presentará ao público este mesmo sábado, 20 de xullo, ás 20.30 horas: trátase da presentación de Ar de Arte, unha aposta polo emprendemento coa selección da mellor conserva artesá, fusionada coa expresión artística de Fernando Rei, entre outros talentos. Isto é, Ar de Arte vai máis aló, en tanto que, ademais de coidar con esmero a elaboración artesanal das súas conservas, engádelle un envoltorio de arte. 

«Stoupa tivo a honra o pasado Nadal de presenciar na galería como Ar de Arte encontrou na pintura do noso colaborador Fernando Rei as pinceladas que singularizan o seu produto. E non só isto: tamén tivemos a honra de ser inspiradores, coas historias dun libro de caza de baleas, do nome da súa cerveza artesá: Chimán», indican dende a galería. Cada produto terá un plus, un packaging personalizado por un artista. 

¿Que agarda para este sábado 20? A posibilidade de degustar dende esta bebida ata as conservas gourmet de sardiñas e mexillón, á vez que se admiran os cadros que inspiraron as propostas.