Víctor Somoza Somoza: «Temos sobrada bagaxe e recoñecido prestixio»

f. r. / J. V. Lado CEE / LA VOZ

CEE

ANA GARCIA

A carreira electoral | Víctor Somoza, de Unión Cidadá Galega, volve a tentar a entrada no pleno de Cee despois de quedar a piques de conseguilo no 2015 e manter moita actividade política

25 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Víctor Somoza Somoza (Cee, 1980) defende o traballo feito incluso dende fóra do pleno e volve cunha batería de ideas.

-Repite?

-Da vez anterior decidimos presentarnos con escaso tempo, menos de dous meses, e aínda así estivemos a piques de conseguir un concelleiro. Co que fixemos nestes catro anos considero que temos sobrada bagaxe e recoñecido prestixio de que somos un partido que dá confianza á xente. Demostrámolo cando logramos a non segregación de Ferroatlántica, a auga de Pereiriña, pedíndolle a Deputación da Coruña mediante os escritos pertinentes que dotase dese servizo, que o Concello non o fixo, e outras miles de cousas máis. Agora o importante non é o que fixemos, senón o que pretendemos facer, Creo que é o máis importante.

-Impulsounos quedar cerca dese conselleiro?

-Máis que iso, primeiro porque me encanta a política, segundo porque creo no potencial de Cee e dos ceenses, que está moi desaproveitado, e despois algo que para min é fundamental; porque o noso programa era totalmente factible e tiñamos un compromiso con todos os que nos votaron. Eu son unha persoa á que meus pais -aos que dende aquí quero dicirlles que lles quero moito e mandarlle un bico- lle inculcaron uns valores de honestidade e perseverancia, que cando unhas persoas depositan unha confianza en ti, teslla que devolver. Exercín a avogacía moitos anos e sei o que é implicarse. Para min a política é a implicación, tamén cara a cidadanía. E non iamos deixar a esas persoas que nos votaron na estacada. Sen saber se nos iamos presentar nestas eleccións, decidimos traballar por esas persoas que nos votaron.

-Que propón no seu programa?

-Crear un xeriátrico e centro de día, unha gardería municipal, un refuxio de animais, quitar as barreiras arquitectónicas, arranxar o problema de televisión e wifi, crear unha casa da xuventude, cardioloxía para o hospital, un plan de desenrolo económico, bateas na ría de Corcubión e na de Camariñas, o saneamento da ría, granxas de caracois, xestionar as axudas para o agro, limpar as beirarrúas unha vez á semana, crear un plan de ordenación urbanística, vivenda social, unha empresa de ocio, unha pista de xeo no inverno...

A súa listaxe

1. Víctor Somoza Somoza

2. Lucas E. Martínez Rojas

3. María I. Trillo Caamaño

4. José Antonio Búa Trillo

5. Ana Belén Somoza Somoza

6. María P. Martínez Ronquete

7. Milagros M. Cambeiro Ézara

8. Inés González Blanco

9. Sebastián Prieto Martínez

10. Aitor Zulaica Barreras

11. Carmen Rosa París Riomao

12. María M. Gómez Rodríguez

13. Diego Fernández Fernández

Suplentes: Graciela Prieto Martínez, Antonio Iglesias Cambón y Faustino Domínguez Suárez.

A favor / En contra

  • Cadea perpetua revisable: Si, con matices
  • Aborto: A favor
  • Investigados nas listas: Presunción de inocencia
  • Traslado de restos de Franco: O que diga o tribunal
  • Referéndum Cataluña: Votar todos os españois
  • Acollida refuxiados: Si, cumprindo os requisitos
  • Eutanasia: Por suposto que si
  • Cambio lei violencia xénero: Si, pero quero ver o proxecto
  • Prohibición fumar praias e piscinas: Paréceme moi ben, polos nenos
  • Casco urbano a 30 km/h: Si, en determinadas zonas

Preferencias

  • A que hora se ergue?: Sete e media-oito
  • Que almorza?:Froita, leite e galletas
  • Prato preferido:Os de miña nai
  • Que non comería?: Comería de todo
  • Bebida preferida: Auga
  • Equipo de fútbol: Depor
  • Que coche ten?: Un Mercedes
  • Unha afección: Moitas: viaxar, ler...
  • Un lugar: Calquera, estando cos meus
  • Que tarefas de fogar realiza?: Todas

Artes e letras

  • Escritor favorito: Carlos Arniches
  • Último libro que liu: Obituario, de Rocío Leira
  • Última película que viu: La Favorita
  • Un artista: Rubén Riós
  • Un actor: Rubén Riós
  • Unha actriz: Penélope Cruz
  • Un cantante: Todos os que fan música clásica
  • Tipo de música: Clásica
  • Deporte que practica: Sendeirismo
  • Unha viaxe pendente: Nepal