Luar na Lubre e Tonhito de Poi, cabezas de cartel do décimo Festi Lires

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

BASILIO BELLO

Actuarán tamén o sábado 18 de maio a Orquestra Tombalobos e Faíscas da Pontraga

10 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado 18 de maio • A partir das 21.00 horas • O tempo corre e a programación para o tempo das Letras Galegas vaise facendo ver. A organización do festival Festi Lires de Cee, asumida por la asociación cultural Pedras Miúdas, vén de anunciar as agrupacións musicais que pasarán pola localidade o 18 de maio, sábado: serán a Orquestra Tombalobos, Faíscas da Pontraga, Tonhito de Poi e Luar na Lubre. Esta última formación chegará a Lires co seu máis recente traballo discográfico, «Ribeira Sacra», unha homenaxe a unha terra que vén de confirmarse como candidata a Patrimonio Mundial. Coas súas pezas, e con outras históricas da formación, veñen percorrendo numerosos escenarios: non será a única oportunidade para velos na Costa da Morte nos vindeiros meses, xa que estarán na noite do Asalto ao Castelo.

Tonhito de Poi, pola súa banda, auténtico referente dos Herdeiros da Crus, chegará a Cee cunha novidade discográfica, «Non hai onde esconderse». Música folk e cultura tradicional son denominadores comúns das traxectorias dos outros dous convidados, Orquesta Tombalobos e Faíscas da Pontraga. De par do menú musical estará o gastronómico, en tanto que no décimo Festi Lires non faltará nin comida nin bebida dende as 21.00 horas: será unha noite de apego á cultura propia.