Stoupidos 2018: la celebración de un año de arte en Stoupa, Cee

La Voz

CEE

JORGE PARRI

Numerosos creadores se dieron cita en la sesión vermú preparada por la galería

24 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Artistas y creadores multidisciplinares tomaron parte en la galería Stoupa de Cee en la sesión vermú Stoupidos 2018, una reunión colectiva de talento para brindar por el año que se va y por el que entra. Fue un punto de encuentro, como lo es la muestra colectiva articulada con buena parte de ellos.

JORGE PARRI

JORGE PARRI

JORGE PARRI

Así lo narraban anoche desde Stoupa: 

«Como xa vén sendo habitual nestas datas, Stoupa celebrou o seu fin de ano particular, reunindo a máis de medio centode persoeiros vinculados á cultura costeira que están comprometidos co proxecto de visibilizar e poñer en valor o inmenso talento artístico dos autores da Costa da Morte. Un talento que lamentablemente é moi pouco coñecido -agás algunhas excepcións- mesmo entre os veciños da comarca.

O domingo a mediodía foron pasando pola sesión vermú de Stoupa, ademais de amigos e clientes da tenda, personaxes relacionados coa arte e a cultura como Viki Rivadulla, Pepe de Olegario, Fernando Rei, María Lema, Juan Louro, Xosé Iglesias, Jorge Parri, Mercedes Barrientos, Antón Castro ou Roque Rey entre outros . Tamén estiveron representantes de innovadoras empresas locais de produtos autóctonos e empresarios do sector turístico.

A celebración, como en anos anteriores, resultou moi animada porque non é moi habitual que podan saludarse e compartir as súas inquedanzas profesionais, artistas e creadores das mais variadas disciplinas: pintura, artesanía, escultura, literatura, fotografía, música ou moda .

Os invitados, antes de brindar para que no 2019 Stoupa actue como o epicentro da arte, da cultura e do emprendemento da Costa da Morte, desfrutaron da colección exposta na tenda-galeria, ‘Stoupidos2018’, que é unha exposición conxunta de mais de 20 artistas colaboradores de Stoupa, que invita aos que a visitan a que regalen neste Nadal, agasallos da terra, obras e produtos únicos, feitos na súa totalidade por autores vinculados a esta comarca. ‘Stoupidos 2018’ pode visitarse ata pasar a fin de semana de Reis, de luns a sábado de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00».