Fallados os concursos da biblioteca Francisco Mayán de Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

ALVELA

Houbo certames de achegamento ao libro, de cómic e de marcapáxinas: os premios entregaranse o 16

10 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Entrega dos premios o día 16, ás 18.00 horas • Os concursos literarios convocados pola biblioteca municipal Francisco Mayán de Cee xa teñen gañadores. No de achegamento ao libro, o premio en primeiro e segundo de primaria foi para Irene Domínguez Rodríguez, do colexio Manuela Rial, por «E a Martín gustoulle ler». Na categoría de terceiro e cuarto levouno Manuel Fernández de Larrinoa Deus, también do Manuela Rial, por «O tren». En canto a quinto e sexto, o galardón recaeu en Daniel Noya Busto, do Eugenio López, por «A aldea perdida». Mentres, no certame Na procura do noso cómic, a obra gañadora resultou ser «Coa axuda dos libros gustaríame...», de Claudia Castro Rodríguez (colexio Manuela Rial). Finalmente, no concurso En busca do noso marcapáxinas, seleccionouse o traballo de Hugo Roget Domínguez, por «Cee le». Houbo accésits en varias das categorías. A entrega de premios está prevista para o mércores 16 de maio, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura: terceiro andar, na biblioteca.