Os Amigos da Banda de Cee acertaron unha vez más

Juan Ventura Lado Alvela
J. V. Lado CEE / LA VOZ

CEE

JORGE PARRI

A Antoloxía da Zarzuela Española do sábado pola noite no Auditorio Baldomero Cores logrou xuntar un bo número de espectadores

31 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Levan tempo dando no cravo, con programacións que se saen un pouco da norma, e esta vez volveron facelo. A verdade é que xa tiñan parte do traballo adiantado porque os Amigos da Banda de Música de Cee contan con un número importante de socios que contan con estas citas como o seu concerto importante do ano, pero a Antoloxía da Zarzuela Española do sábado pola noite no Auditorio Baldomero Cores logrou xuntar un bo número de espectadores, ata o punto de que se encheu o aforo.

A posta en escena e a calidade musical da Banda e o Coro Liceo de Vilagarcía conquistou a todos, mesmo aos más entendidos, como o propio director da escola ceense, Fernando Fraga, que viu «un traballo moi ben feito» cun resultado «excelente».