As alumnas do Manuela Rial de Cee pasan a semifinais

La Voz

CEE

O Ecopreguntoiro celebrou unha nova edición

24 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois do parón de Semana Santa o Ecopreguntoiro segue avanzando. O venres emitiuse o programa co concurso entre os colexios Manuela Rial Mouzo de Cee e o CEIP O Salvador, de A Pastoriza, en Lugo. Pola banda ceense estiveron Lian Blanco, Sarai Baldomar, Marta Vérez, Andrea García e Adriana Castiñeira, e pola luguesa, Pablo Arias, Antía Fernández, Lucía García, Álex Iglesia e Esmeralda Anello. Obtiveron o pase á terceira fase os alumnos de 6º do Manuela Rial Mouzo. Este venres, o Ecopreguntoiro será entre o CEIP Albeiros e o San Marcos. foto couto