Dezaseis colexios de toda Galicia participan nos distintos concursos de Ecovoz

Os colexios Gregorio Sanz De Ribadeo e Sagrada Familia de Aldán inaugurarán o certame

Fran Rodríguez e Verónica Couto, de Radio Voz Bergantiños, sorteando as datas e as parellas de colexios.
Fran Rodríguez e Verónica Couto, de Radio Voz Bergantiños, sorteando as datas e as parellas de colexios.

Carballo / La Voz

O programa ambiental Ecovoz terá, coma cada edición, aos nenos e nenas de Galicia como principais protagonistas. Nesta nova entrega intervirán alumnos de sexto de primaria de 16 colexios de toda Galicia. Estes centros educativos son: CEIP Plurilingüe Lagostelle (Lugo), Santa Juana de Lestonnac (Ferrol), Sagrado Corazón de Jesús (Ribadeo), CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo), C. Plurilingüe San José de la Guía (Vigo), CPR Manuela Rial Mouzo (Cee), CEIP Sagrada Familia (Aldán), CPR La Merced (Sarria), CEIP do Bolo (O Bolo), Colexio PP Escolapios (Monforte de Lemos), Sagrado Corazón Placeres (Lourizán), CEIP Xesús San Luis Romero (Carballo), CPR Plurilingüe La Milagrosa (Lugo), CEIP Santa Baia (Boiro), CEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira) e CEIP Condesa de Fenosa (O Barco). Todos eles participan no Ecopreguntoiro, o concurso estrela do Ecovoz, mais tamén no resto de certames (Ecoconsello, Ecofotografía e Ecovídeo). Logo do sorteo de datas e de emparellamentos, este vindeiro venres 12 de febreiro inaugurarase o Ecopreguntoiro cos colexios CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo e o CEIP Sagrada Familia de Aldán. Poderán escoitalos de 17.00 a 18.00 horas. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Dezaseis colexios de toda Galicia participan nos distintos concursos de Ecovoz