O poemario dun profesor de Cee, Serxio Iglesias, gaña o premio Lorenzo Baleirón

Tras o fallo, o xurado depositou flores na tumba de Eusebio.
Tras o fallo, o xurado depositou flores na tumba de Eusebio.
la voz

O libro orixinal Viaxe ao interior da fenda, do escritor de Corcubión Serxio Iglesias Rodríguez, resultou gañador da XXV edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que convoca o Concello de Dodro. O autor, nado en Bos Aires en 1966, actualmente profesor de Lingua e Literatura Galegas en Cee, mostrou unha «grande satisfacción» por acadar este premio que o xurado elixiu por unanimidade.

Coordinado nesta edición por Xabier Castro Martínez, director do Centro PEN Galicia, o xurado estivo composto por María Xesús Nogueira, Inma López Silva, Pura Prado e Bieito Iglesias. O xurado destacou do libro orixinal premiado a «capacidade para reescribir unha temática universal como é a perda, así como o coidado no rexistro poético, especialmente na selección léxica e na creación de imaxes». Asemade, quere deixar constancia da alta calidade dos 38 traballos presentados nesta edición, o que indica «o momento de grande vitalidade da poesía galega actual e da importante contribución do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón ao prestixio e promoción das nosas letras», segundo declara o alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín.

Na xornada do fallo, celebrada días atrás, os membros do xurado, acompañados de Manuel Lorenzo Baleirón, irmá de Eusebio, fixeron unha ofrenda floral na tumba do escritor no cemiterio de San Xián de Laíño.

A entrega do premio, que ten unha dotación de 2.300 euros, terá lugar o vindeiro día 15.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos

O poemario dun profesor de Cee, Serxio Iglesias, gaña o premio Lorenzo Baleirón