María Arias, de Zolás, impartiu un taller para usuarios de Aspaber, que elaborarán detalles para o empaquetado de Nadal do comercio de calzado
04 nov 2026 . Actualizado a las 19:10 h.Son, e serán, moito máis ca detalles. É identidade, diferenciación e vontade social. Usuarios de Aspaber aprenderon este mércores a traballar o papel maché coa artista María Arias, creadora do proxecto Zolás. O aprendido porano en breve en práctica para elaborar os máis de 500 adornos que o establecemento de calzado Zocas empregará no empaquetado de Nadal, nunha nova edición da colaboración entre este comecio e a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños.
Creación artesanal, colaboración e sinerxías locais e participación de personas con diversidade funcional son tres aspectos presentes nesta medida: «Esta iniciativa forma parte dunha colaboración que ambas entidades manteñen dende hai anos e que se repite en campañas como Nadal ou Pascua. Deste xeito, Zocas incorpora aos seus paquetes un detalle feito a man no propio municpio, mentes que as persoas usuarias de Aspaber participan dun proxecto creativo cuxo resultado chegará directamente aos clientes da tenda», trasladan desde Zocas, cuxo responsable, Germán Riveiro, tamén se achegou este mércores ao taller con María Arias, quen fixo un satisfactorio balance da sesión.
María estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, onde tamén cursou un máster en Arte Contemporáneo. Máis do seu proxecto Zolás, nesta información. O seu saber sucede ao doutras artesás que tamén participaron neste proxecto compartido de Zocas e Aspaber, como foi durante a Pascua o caso da escultora Noelia Paz.