Eran seis, coa particularidade dunha dobre fortuna para Bea Núñez. Agora, ata o 14 de decembro para gastalos
04 nov 2026 . Actualizado a las 17:16 h.Acolleu o mercado de Carballo a entrega dos seis cheques da segunda campaña do CCA Truco ou trato?, promovida polo Centro Comercial Aberto en tempo de Samaín. Foron cinco os afortunados: Elena María Lorenzo, Mario Pensado, Eva Bouzas, Caterina Pena e Bea Núñez, esta última por partida dobre. Terán ata o 14 de decembro para facer uso deses 50 euros de cada un dos cheques, en 17 establecementos: O Lagar, Río Sil, A Nova Ferradora, Cafetería Mercado, Ceibo Café, confitería San Luís, Dobbo's Cookis, Gumi Golosinas, Maloserá, Mmmm! Xeados, Forno Novo, A Lareira, Pizza Troppo, Albaroque, Pementa Rosa, O Lambón e Zuccaro. Dende o CCA lembran, por outra banda, que debido á extraordinaria afluencia de público na xornada de peche do venres, aquelas persoas que non puidesen recoller o seu agasallo directo por terse esgotado serán contactadas para facerlles entrega do vale correspondente.