O Coro Aires de Bergantiños, de 41.º aniversario este sábado 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Xairo Campos é o novo director do Coro Aires de Bergantiños
Xairo Campos é o novo director do Coro Aires de Bergantiños ANA GARCIA

É unha das citas do Novembro con música: 21.00 horas, no Pazo da Cultura de Carballo

05 nov 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado • O programa Novembro con música de Carballo botará a andar este venres cun concerto de Ailá, festexo do aniversario da asociación Lumieira: 21.00 horas. Tamén esta fin de semana, pero o sábado, o auditorio do Pazo acollerá un encontro de celebración do 41.º aniversario do Coro Aires de Bergantiños, boa oportunidade para escoitar aos coralistas ás ordes do seu novo director, o mozo Xairo Campos (20.00 horas). Intervirán tamén a Rondalla de Cedeira e o coro Aimil de Xinzo de Limia.