Xornada Cabeza Quiles en «Carballo na memoria»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Fernando Cabeza Quiles, nunha imaxe tomada en Espiral Maior Foro
Fernando Cabeza Quiles, nunha imaxe tomada en Espiral Maior Foro ANA GARCIA

Rocío Romar falará dos nomes de lugares esta tarde na capital Bergantiñá. Tamén haberá saída con Xurxo Souto, e outras citas na comarca

10 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Xoves 10 de setembro e cando menos estas citas na Costa da Morte:

Carballo • Avanza o programa municipal Carballo na memoria, hoxe coa Xornada Fernando Cabeza Quiles, ás 19.00 horas nas escolas do xardín Agra de Caldas. Sobre os nomes da terra falará Rocío Romar Roel, presentada por Fina Pacoret. Logo haberá unha ruta pola microtoponimia carballesa guiada polo polifacético Xurxo Souto. O conxunto será un acto de memoria dun carballés ilustre, experto en toponimia, falecido hai uns meses. 

Carballo tamén • Nova xornada da campaña de control da tensión arterial e o azucre promovida dende o Concello: pola mañá, na Praza, coincidindo coa feira. A biblioteca Rego da Balsa, por outra banda, acolle ás 17.30 a presentación literaria de Sueños: una lección sobre la soledad y la amistad, de Jaime Rafael Contreras: para todos os públicos, a partir de catro anos.

Caión (A Laracha) • Está en marcha a romaría dos Milagres de Caión, hoxe con oficios relixiosos no santuario ás 10.00, 11.00, 12.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas.

Muxía • Avanza a novena previa á romaría da Virxe da Barca, con misas no santuario ás 09.00 e 19.00 horas. Tamén terá lugar a derradeira cita da Semana Cultural Ecos da Barca, de iniciativa municipal: hai visita guiada pola vila prevista para as 17.00 horas, con inscrición na Oficina de Turismo.