Entre as citas do día, tamén a inauguración dunha Mostra no Museo de Man con Afundación, Abanca e Concello
05 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Ademais da Poesía na Rúa da vila da Xunqueira e da Semana Cultural da Carballeira de Zas, a axenda deste mércores 5 de agosto trae outras citas. Entre elas, peso do cinema, cando menos en tres localidades. Por unha banda, no Museo do Mar de Laxe, ás 19.00 horas, presentarase a iniciativa Cineclube Portozás, un acto de acceso libre, como tamén o será a proxección no xardín municipal de Carballo de Romería, comedia e drama prevista para as 22.00 horas e incluída no ciclo estival Noites de Cine. En Cee, por último, avanza o ciclo Cine na Rúa con +Cuñados, filme ás 22.30 horas na praza Otero Lastres.
No caso de buscar outro tipo de ocio, tamén hai festas en Artes (Carballo), con música a cargo de Eureka e disco Full, así como en Vimiando, onde avanzarán as prefestas na Praza cun Pizzabingo. En Muxía, o cámping Lago Mar ofrece o concerto de Tomás Porteiro para as 19.30, e no Ecomuseo de Buño haberá taller de barro: 16.30, para crianzas.
Chega ao Museo de Man «Castelao grafista (facsímile)»
Afundación, Abanca e Concello de Camariñas colaboran para a chegada ao Museo de Man de Camelle, hoxe mesmo, mércores, da exposición Castelao grafista (facísimile). A apertura da mostra está prevista para as 12.00 do mediodía, con representantes da corporación e tamén de Abanca e Afundación. Incluída na programa Corrente cultural, poderá visitarse ata finais de mes, de mércores a domingo, de 10.30 a 14.30 horas.