Fin en Carballo aos cursos de acollemento lingüístico

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Participantes dos cursos de acollemento lingüístico de Carballo, na clausura
Participantes dos cursos de acollemento lingüístico de Carballo, na clausura .

Arredor de 25 persoas participaron nas sesións, impartidas polo docente Tono Formoso

14 jul 2026 . Actualizado a las 23:14 h.

É o galego ferramenta de acollida, integración e cohesión social. Así o acredita o grupo de arredor de 25 persoas que vén de completar con éxito os cursos de acollemento lingüístico organizados polo Servizo de Normalización Lingüística de Carballo (SNL), iniciativa xa consolidada no municipio e que facilita o achegamento á lingua e cultura galegas a aquelas persoas que elixen a vila para iniciar unha nova vida.

Entre o alumnado, procedencias da República Dominicana, Venezuela, Perú, Colombia, Uruguai ou Madrid, segundo dá traslado o Concello. As sesións foron impartidas polo docente Tono Formoso e nelas non só se adquiriu nocións lingüísticas, senón que foron «espazo de intercambio e convivencia». Trala entrega de diplomas presidida pola edila Ángeles Pacoret, houbo nas Escolas do Xardín a xa tradicional «Festa do Trouxen», na que cada un dos participantes achega algo de comer e beber a un xantar común.