Carballo: últimos bailes no mercado antes do verán 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Un dos bailes que xa ten habido no mercado, neste caso con Martín Carrión
Un dos bailes que xa ten habido no mercado, neste caso con Martín Carrión BASILIO BELLO

Serán o domingo 7 e o 14 de xuño, amenizados por Marineda e Martín Reimúndez 

03 jun 2026 . Actualizado a las 23:15 h.

Os domingos de baile no mercado de Carballo despediranse coa chegada do verán. Promovidos dende a concellería de Terceira Idade, quedan aínda dous para este mes de xuño, ambos de 18.00 a 21.00 horas. O primeiro, xa este domingo 7, amenizado polo dúo Marineda. O segundo, o domingo 14, nese caso coa voz de Martín Reimúndez. O acceso é totalmente libre e tamén gratuíto. Aproveite!