Cinco artistas intervirán muros de Carballo dende mañá mesmo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

As grúas axiña volverán tomar varias rúas da vila: na imaxe, unha obra do 2024
As grúas axiña volverán tomar varias rúas da vila: na imaxe, unha obra do 2024 ANA GARCÍA

Botará a andar nas vindeiras horas unha nova edición do festival Rexenera Fest, promovido polo Concello 

27 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Isa Bermúdez (Galicia), Ona Salvador (Baleares), Lonac (Croacia), Raquel Coba (Madrid) e Taxis (Grecia) son os nomes dos cinco creadores que, dende mañá mesmo, e ata o vindeiro 7 de xuño, agrandarán o museo ao aire libre que xa é Carballo. Eles tomarán parte nunha nova edición do festival de arte pública Rexenera Fest, iniciativa municipal que se completarán cun bo número de actividades paralelas. Clases maxistrais, xogos de pistas para pequenos e familias, algunha que outra sesión vermú e, cada xornada do encontro, rutas guiadas polos murais: de 20.00 a 21.00, con saída do Museo de Bergantiños e inscrición previa no correo turismo@carballo.gal.