Carballo na memoria procura agora fotografías de Noicela e Rebordelos

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

En Carballo procúrase facer un gran álbum colectivo do municipio
En Carballo procúrase facer un gran álbum colectivo do municipio

Aqueles que teñan material e queiran compartilo poden achegarse o sábado 16 de maio a partir das 11.00 da mañá ata a a escola da Imende

08 may 2026 . Actualizado a las 00:16 h.

Sábado 16 de maio • O proxecto municipal Carballo na memoria avanzará o sábado 16 de maio no seu ánimo de recuperación de patrimonio inmaterial e gráfico do municipio. Trasladarase ese día á zona costeira na procura de material de Noicela e Rebordelos, e para iso a cita será no centro social da Imende, a partir das 11.00 horas. Quen garde fotografías antigas, documentos ou recordos familiares pode achegalos esa xornada para que pasen a engrosar o gran álbum colectivo que prepara o Concello. As fotografías serán escaneadas e devoltas no momento: se se trata de vídeo ou son, o proceso técnico require algo máis de tempo, polo que se fará copia e se devolverá o orixinal nun prazo breve. Todas as imaxes recuperadas serán catalogadas e protexidas. Colaboran coa organización a comisión de festas e o consello parroquial, que convidan á veciñanza á «rebuscar nos caixóns» e contribuír a ser parte da historia.