As bandas Zënzar e Ruxe Ruxe actuaron na noite do sábado no Casino. Zënzar ten nova cita este sábado en Santiago
06 may 2026 . Actualizado a las 23:45 h.«Penso que vai ser un rencontro cun lote de amigos do Casino, de Carballo e da comarca. Seguro que emocionantísimo». Así vaticinaba en Radio Voz Bergantiños Xosé Antón Bocixa, membro fundacional, cómo ía ser o concerto de Zënzar no Casino carballés este pasado sábado, e non estaba errado. Nun edificio emblemático e refuxio da cultura, volveron atoparse aquí tamén cos admirados compañeiros de Ruxe Ruxe. Por tanto, dúas bandas de rock senlleiras que ergueron en festa a noite da localidade. Para Zënzar, que anda con novo disco na rúa, Bla, bla, bla..., supuxo seguir cunhas cantas fins de semana de xira que tampouco se deterán agora, pois para este vindeiro 9 de maio a banda cercedense ten previsto actuar na Festa do 17 que promove Gentalha do Pichel na Praza 8 de marzo de Santiago de Compostela. Alí haberá actividade toda o día, dende as 10.00 horas, e unha boa dose de música arredor da defensa da lingua. Para mostra, tamén bandas como Sonoro Maxín, a Banda Municipal de Caracas ou Farraspa. Con respecto ao novo disco de Zënzar, teñen aínda na súa páxina web a opción de prevenda con desconto.