O museo ao aire libre de Carballo incorpora cinco novas sinaturas
CARBALLO MUNICIPIO
Aí vén unha nova edición do Rexenera Fest!
06 may 2026 . Actualizado a las 00:38 h.A duodécima edición do festival de arte urbana Rexenera Fest está xa á volta da esquina, e a organización presentou onte os cinco artistas convidados deste ano. Trátase da creadora local Isa Bermúdez, de Ona Salvador (Baleares), Lonac (Croacia), Raquel Coba (Madrid) e Taxis (Grecia), que do 28 de maio ao 7 de xuño traballarán por expandir o gran museo ao aire libre no que se converteu Carballo estes últimos anos.
Como xa é habitual, durante eses días haberá toda unha programación de actividades paralelas, como clases maxistrais de esgrafiado con Carrot Carola (o sábado 6 e o domingo 7, de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00, segundo a páxina web do festival), ou talleres de tintas vexetais conducidos por Materia Botánica (o sábado 30, de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas).
Haberá, así mesmo, xogo de pistas para familias e rutas guiadas polos murais co departamento de Turismo, así como unha sesión vermú para poñer punto e final a esta duodécima edición: o domingo 7, ás 13.00, con Saibran DJ.