Atlantic Games en Carballo, robótica, ciencia e nutrición: máis citas para hoxe

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Xornada previa ao arranque da Atlantic Games Conference, onte en Carballo
Xornada previa ao arranque da Atlantic Games Conference, onte en Carballo ANA GARCIA

O mundo dos videoxogos dáse cita no edificio do Fórum, mañá e tarde e con inauguración ás 10.00 horas

10 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Tamén hoxe • Maiores de 40 anos e con importante peso feminino estrearon onte a programación da segunda Atlantic Games Conference de Carballo. Foi a véspera, o taller Tecendo píxeles: do dixital ao artístico, no Bodegón e a cargo de Marina González, mais o centro do programa desenvolverase hoxe e mañá no edificio do Fórum. A esta cita inicial acudiron tamén o alcalde, Daniel Pérez, e os ediles Daniel Barreiro (Mocidade) e Xosé Regueira (Promoción Económica), nomes que asemade estarán presentes hoxe na inauguración oficial (10.00).

Participantes no obradoiro Tecendo píxeles, onte no Bodegón carballés
Participantes no obradoiro Tecendo píxeles, onte no Bodegón carballés ANA GARCIA

Pode achegarse quen queira —de balde— á zona de estands do Fórum de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.30. En cada quenda haberá tres charlas e un taller, abordando moi diferentes aspectos dos vídeoxogos, o eixo desta Atlantic Games que codirixen Sara Pérez e Juan Martínez. Que se está facendo neste sector en Galicia e norte peninsular? Se quere sabelo, esta é a cita máis axeitada.

Obradoiros. Cita hoxe na biblioteca de Vimianzo, ás 17.30: robótica para rapaces de 10 a 12 anos. Outra, na biblioteca da Laracha: ciencia para maiores de 6 anos, parte do Mes o Libro. A última, unha charla sobre peso saudable e nutrición no centro de saúde de Carballo (12.30, inscrición previa no mostrador).