O escritor e docente carballés intervirá ás 12.00 horas no Centro Cultural do Viso
09 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O escritor e docente carballés Alfonso Blanco Quintela ten cita este sábado 11 de abril no Centro Cultural do Viso, no municipio de Carnota. Alí, ás 12.00 horas, presentará a súa obra Toponimia de Carnota, un libro editado pola Real Academia Galega no que debulla a orixe e significado dos nomes de lugar deste concello. Henrique Monteaguado, presidente da RAG, e Ana Boullón, en representación da Asociación Galega de Onomástica, acompañarán ao autor, como tamén o fará o alcalde Juan Manuel Saborido. Toponimia de Carnota é o segundo volume de Blanco Quintela, mestre no IES Fontexería de Muros, para Terra Nomeada, a colección froito da colaboración entre o Seminario de Onomástica e a Asociación Galega de Onomástica.