O concurso fotográfico ten aberto o seu prazo ata o día 9: bases en carballo.gal
07 abr 2026 . Actualizado a las 17:09 h.O Concello de Carballo ten aberto ata este xoves 9 de abril, o prazo de participación no 28.º Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. Cómpre lembrar que cada autor poderá presentar tres obras como máximo, con tema libre, en branco ou en cor. O primeiro premio estará dotado con 1.500 euros; o segundo, con 750 (patrocina Fundación Luís Calvo); o Especial Carballo, con 500 (patrocina Interfilm), e finalmente un accésit, con 300. Bases ao detalle e máis datos en carballo.gal.