Proxectarase o vindeiro 16 de abril, ás 18.30 horas, na biblioteca Rego da Balsa
25 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O festival Carballo Interplay, previsto do 16 ao 19 de abril, sumará á súa 13.ª edición unha proposta para público miúdo: a proxección da serie infantil Pipo. Será o xoves 16, ás 18.30 horas, na biblioteca Rego da Balsa. Está pensada a cita para pequenos de 3 a 7 anos, e require de inscrición previa na páxina www.carballo.gal. Humor, imaxinación e descuberta: diso vai Pipo, que por certo é extraterrestre.