Samantha Hudson e María Barrier, no Carballo Interplay

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Samantha Hudson e María Barrier traerán o seu pódcast en directo a Carballo
Samantha Hudson e María Barrier traerán o seu pódcast en directo a Carballo .

Traerán por vez primeira este proxecto sonoro a Galicia. A 16.ª edición do festival será do 16 ao 19 de abril

12 mar 2026 . Actualizado a las 17:33 h.

A organización do festival Carballo Interplay segue avanzando liñas da 13.ª edición, do 16 ao 19 de abril. Algunhas das voces máis recoñecibles do panorama dixital actual pasarán pola vila. Así, ao pódcast en directo Pop y Muerte, conducido por Kiko Amat e Benja Villegas, veñen de sumarse Samantha Hudson e María Barrier, integrantes de Bimboficadas. Elas asumirán este ano a sección do festival Rajando con..., facendo do seu podcast un espectáculo único e en directo: venres 17 de abril, ás 22.00 horas, no mercado. Será a primeira vez que Samantha e María acheguen a Galicia este proxecto a Galicia. Amizade, humor, ironía e unha ollada crítica persoal. O Carballo Interplay (CIP) é un festival organizado por Concello de Carballo e Turismo de Carballo, con produción e dirección de Cósmica. Apoian Xunta de Galicia, a través da Agadic, e Deputación da Coruña. 

QUEN SON

Samantha Hudson é cantante compositora, produtora, guionista, actriz e unha das figuras máis emblemáticas da contracultura contemporánea, categoría que acadou grazas a un discurso crítico e vangardista e a unha traxectoria musical que xoga cos paradigmas do xénero e da liberdade de expresión, tendo o seu maior expoñente nos seus impactantes espectáculos en directo. Pola súa banda, María Barrier é xornalista e actriz. Ao longo da súa traxectoria, Barrier colaborou con medios como Acero e Metal Magazine, presentou coloquios para Filmin e para artistas musicais, e participa tamén no podcast Esta noche libro.