Remate das Oportunidades, pintura e baile para hoxe na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ambiente da Feira das Oportunidades de Carballo, este sábado pola mañá
Ambiente da Feira das Oportunidades de Carballo, este sábado pola mañá BASILIO BELLO

A Feira do CCA continúa este domingo, mañá e tarde, baixo carpa en Carballo 

08 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais das actividades do 8 de marzo, Día da Muller, que capitalizan a xornada na Costa da Morte (pode saber delas aquí), hai outras citas de interese este domingo. Para comezar, en Carballo, a derradeira xornada da Feira das Oportunidades (FOP), iniciativa do Centro Comercial Aberto. Una ampla variedade de sectores, de postos e tamén de descontos, que tanto onte coma antonte están levando unha gran cantidade de persoas ata a carpa da Rego da Balsa. Auténticas gangas! O horario de apertura para este último día será de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30.

Tamén hoxe, e tamén en Carballo, ás 13.30 horas, o Estudo Garabato acollerá a inauguración da exposición pictórica A pel dunha paisaxe, do artista Jsua (José Suárez), coristanqués autodidacta. Un acto aberto ao público que se celebrará en formato sesión vermú. O que aquí ofrece son paisaxes ao óleo nas que tamén hai presenza da comarca.

Cabe lembrar, doutra banda, que ao ser domingo é tarde de baile. En Carballo, no mercado, ás 18.00 co dúo Marineda. Pero tamén en Malpica (centro cívico) ou Vimianzo (Pastoriza), ás 19.00.