Xa se pode concorrer ao certame fotográfico Xosé Manuel Eirís

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Unha das mostra do certame Xosé Manuel Eirís que ten acollido o Pazo
Unha das mostra do certame Xosé Manuel Eirís que ten acollido o Pazo Ana Garcia

Convoca o Concello de Carballo, e os creadores teñen ata o 9 de abril para presentar os seus traballos 

03 mar 2026 . Actualizado a las 19:17 h.

O Concello de Carballo vén de comunicar a apertura de prazo do 28.º Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, un concurso xa referente a nivel autonómico e estatal. Os creadores terán ata o 9 de abril para facer chegar as súas obras, tres como máximo por autor, con tema libre, en branco e negro ou cor e cun formato mínimo de 25x35 e máximo de 40x50. Os premios: un primeiro de 1.500 euros; un segundo de 750 patrocinado pola Fundación Luís Calvo e un terceiro de 500, patrocinado por Interfilm. Tamén, accésit de 300. Para presentar obra: Concello, Pazo e correo certificado. Bases na páxina web carballo.gal.