Case 600 persoas inscritas xa no concurso de entroido de Carballo 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Unha das agrupacións que puido verse o ano pasado
Unha das agrupacións que puido verse o ano pasado BASILIO BELLO

Serán este domingo, e son cifras á espera anotacións que aínda poidan facerse o propio día 

14 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Concluído este mércores o prazo de inscrición para comparsas e carrozas, son xa case 600 as persoas inscritas no Concurso de Entroido de Carballo, que será este domingo 15 de febreiro (18.00 horas). É unha cifra que aumentará, dado que grupos, parellas e entroideiros individuais aínda se poderán anotar antes do desfile, no Concello. Oito carrozas con case 350 persoas, e dez comparsas, con máis de 220: velaí as cifras iniciais. Presentará o certame Lupe Blanco, regueifeira, e a organización mantén en principio todas as previsións, con percorrido pola rúa e posteriores exhibicións. MeteoGalicia fala dunha tarde húmida, con choiva intermitente e vento que non será impedimento. Aínda así, dende Carballo recomendan tomar medidas: uso de chuvasqueiros, paraugas e roupa axeitada, así como seguridade, protección e elementos das carrozas moi ben asegurados.