Tres ocasións para gozar da música do CMUS de Carballo este mes

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

A Big Band do Conservatorio de Carballo, en imaxe de arquivo
A Big Band do Conservatorio de Carballo, en imaxe de arquivo ANA GARCIA

Este venres, concerto de San Valentín da Big Band

11 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo vén de presentar o seu calendario de actuacións deste mes de febreiro, que comezarán este mesmo venres cun concerto especial da Big Band con motivo do día de San Valentín. Será no auditorio do Pazo da Cultura, ás oito da tarde, como sempre con acceso libre e gratuíto ata completar o aforo dispoñible. O vindeiro xoves, día 19, o salón de actos acollerá unha actuación de vento con piano ás sete da tarde, mentres que o venres 20, no mesmo espazo, o público poderá gozar dun concerto de corda con piano. Será tamén ás sete da tarde.