Estrea, esta noite, da obra de teatro «Territorio Regueifa», en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Presentación da función, na tarde deste mércores
Presentación da función, na tarde deste mércores ANA GARCÍA

Será ás 21.00 horas, no Pazo da Cultura. Una coprodución do FIOT, Ainé e Centro Dramático Galego

05 feb 2026 . Actualizado a las 20:10 h.

21.00 horas • Pazo da Cultura de Carballo • Chegou o día de que a regueifa suba a o teatro. A improvisación oral feita dramaturxia. O Pazo da Cultura de Carballo acollerá esta noite, 21.00 horas, a estrea absoluta da obra Territorio Regueifa, coprodución do Festival Internacional Outono de Teatro carballés, Ainé e Centro Dramático Galego. A historia desta arte popular e o seu presente chegan ás táboas da man de tres regueifeiros devidos actores para a ocasión: Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Manolo Maseda. Os tres veñen traballando meses e meses ás ordes do director José Luís Prieto, para ser quen de amosar nun espectáculo todo aquilo que un ha de saber se quere ter a visión máis completa do que esta arte popular significa para Bergantiños e Galicia. Será, xunto coa presentación de Toponimia de Zas, de Xosé María Lema (20.00 horas, Baio), a gran cita da velada na comarca.

Os interesados en acudir á estrea teatral poden facerse coas últimas entradas en ataquilla.com, ou ben dende 90 minutos antes na billeteira física do Pazo da Cultura, de quedar. Os que non poidan acudir hoxe a Carballo, e lles preste, terán mañan unha nova ocasión de vela, neste caso na localidade de Redondela.