«Janin, Jenin», segunda cita co cine de Amal en Ruta en Carballo
CARBALLO/ LA VOZ
CARBALLO MUNICIPIO
Será hoxe, ás 20.00 horas, no Pazo da Cultura. A asistencia á proxección é libre e gratuíta
04 feb 2026 . Actualizado a las 19:57 h.Hoxe • 20.00 horas • Está en marcha en Carballo a novena edición do ciclo de cine euroárabe Amal en Ruta, un proxecto da Fundación Araguaney-Puente de Culturas que apoia o Concello bergantiñán. Hoxe, ás 20.00 horas, no Pazo da Cultura, poderá verse o documental Janin, Jenin, dirixido por Mohammed Bakri. Como telón de fondo, a cuestión da ocupación. Bakri volve ao campo de refuxiados de Jenin máis de dous decenios despois da súa produción anterior, Jenin, Jenin. Aquí, retoma o fío daquela experiencia previa, volvendo ás testemuñas daquel tempo e incorporando outras novas. A asistencia á proxección é libre e gratuíta. Unha oportunidade para o coñecemento.