«Defuntos e santos inocentes», de Cabeza Quiles, xa polas librarías

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Fernando Cabeza Quiles
Fernando Cabeza Quiles ANA GARCIA

Un petisco | É a nova obra do autor, publicada na colección Baldaio da editorial Espiral Maior

04 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Está a ser proveitoso este inicio de 2026 en materia de publicacións. Anda chegando as librarías o máis recente de Fernando Cabeza Quiles: Defuntos e santos inocentes (Editorial Espiral Maior, colección Baldaio). Son 63 relatos dos que xa hai boas críticas, pezas tan suxerentes como ese O día que «cantei», o relato inicial, do que o propio autor compartía un anaquiño do comezo nas súas redes. Cómpre agardar por esa primeira presentación na capital de Bergantiños, e moitas que irán vindo logo. Cabe lembrar, ademais, que Cabeza Quiles tamén se ten mergullado moi recentemente na toponimia de Pontecesures e Padrón