Nace unha rede provincial de grupos de conversa en galego

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Coordinadores dos grupos, reunidos na Biblioteca Provincial
Coordinadores dos grupos, reunidos na Biblioteca Provincial .

A Biblioteca Provincial acolleu este sábado a xornada «Falarmos Nós»: así será o proxecto

17 ene 2026 . Actualizado a las 17:49 h.

Vén de acoller a Biblioteca Provincial a xornada de traballo Falarmos Nós, iniciativa da área de Lingua da Deputación que dará pé a unha rede provincial de grupos de conversa en galego. «Buscan fomentar o uso oral da lingua entre persoas que a coñecen, pero non a empregan habitualmente, por falta de apoio no seu entorno ou por seren persoas chegadas de fóra en proceso de aprendizaxe», apuntan.

Sol Agra, deputada de Lingua, apreciou os grupos de conversa «ferramenta sinxela e poderosa», «contornas seguras» para empregar o idioma fóra de contextos formais ou académicos: «Os grupos están concibidos como espazos de uso do galego e non como clases de lingua», precisou.

É un modelo que en Carballo, por exemplo, ten dado moi bos resultados. Participaron na xornada 15 persoas, coordinadoras dos grupos de conversa, dúas responsables por cada grupo, pois comezarán a funcionar sete, aínda que se prevé chegar a 12. O obxectivo: aumentar o uso do galego nas relacións sociais cotiás. A rede está aberta á participación de Administracións locais, servizos de normalización, bibliotecas ou entidades sociais.