Impúlsase a motivación dos estudantes para aprender o idioma estranxeiro
16 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Carballo está irmandado coa localidade francesa L’Isle-Jourdain. Alumnos de francés do IES Monte Neme, co apoio da directiva do centro e en colaboración coa Asociación de Irmanamento de Carballo, acaban de enviar unhas cartas de presentación aos estudantes do Collège Notre Dame Le Clos Fleuri. Impúlsase así a motivación dos mozos e das mozas para aprender o idioma estranxeiro.
A presidenta en funcións do Comité de Irmanamento de Carballo, Ana Cancela, deu unha charla no instituto e agasallou á rapazada cunha chapa das dúas vilas enlazadas.