Obradoiro de ilustración con Cristina Castro e Mon Lendoiro, en Carballo
CARBALLO/ LA VOZ
CARBALLO MUNICIPIO
É unha proposta formativa impulsada pola área municipal de Bibliotecas, para pequenos a partir de once anos e tamén adultos
06 nov 2025 . Actualizado a las 12:40 h.Pequenos a partir de once anos e tamén adultos terán a oportunidade de asistir, en Carballo, a un obradoiro de ilustración impartido por Cristina Castro e Mon Lendoiro. Comezará este sábado e estenderase ata febreiro, con sesións na biblioteca Rego da Balsa os días 8, 15, 22 e 29 deste mes; 13 e 20 de decembro; 10, 17, 24 e 31 de xaneiro, así como 7 e 14 de febreiro. Organiza e financia a concellería de Bibliotecas. Cada sesión, de 10.00 a 13.00. Contidos: lapis, rotuladores, acuarela, acrílico, collage, caricatura e o humor gráfico. As prazas xa están esgotadas.