Contos para bebés en Carballo, este mércores

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ariadna Santana pasará hoxe por Carballo
Ariadna Santana pasará hoxe por Carballo

Ariadna Santana ofrecerá dous pases de «A illa das sensacións»: 17.00 e 18.30

05 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • O programa Medrando con Apego do Concello de Carballo inclúe para esta tarde un contacontos a cargo de Ariadna Santana, unha sesión plena de valores baixo o título de A illa das sensacións. Vai dirixida a pequenos de ata tres anos —polo tanto, óptimo para bebés— e haberá dous pases nas Escolas do Xardín Agra de Caldas: 17.00 e 18.30. As familias interesadas deben reservar praza —trámite de balde— a través da web carballo.gal.